non hai unha segunda oportunidade

Onte 7 de maio de 2011, no concerto que a cantante grega Eleftería Arvanitaki ofreceu no Auditorio de Galicia de Santiago  de Compostela, cantou To parapono (Το παράπονο) unha preciosa canción que non coñecía e que segundo a propia cantante dixo ten letra  do poeta Odysseas Elýtis e música de Dimitris Papadimitriuo. O tema do que trata é o da vida e que non hai unha segunda oportunidade. 
A canción  é tan bonita  e me gustou tanto que a estiven buscando na rede ata que a atopei, ademais para os que tampouco cremos que haxa unha segunda vida, adquire aínda máis significado. Aqui vola deixo xunto cunha traducción  ó galego  que me tomei  a liberdade de facer. 

     
O laio
Aqui, a medio camiño da miña ruta
chegou o momento de dicir
As cousas que amo están noutros lugares
non tiña intención de vir por este camiño

Na verdade, na mentira, 
eu falo e confeso
como se fose outro, non eu mesmo,
Camiñei pola vida


Non importa o prudente que fose
Non importa o que correse tra-los obxectivos
 Sempre, sempre é tarde
por que non hai unha segunda vida

Odysséas Elýtis

No comments:

Post a Comment